Caixanova afirma que non ‘pechará o grifo’ durante a crise

    convenio_caixanova_ok_copia100.jpgCALDAS> Caixanova e a asociación Caldas Centro Comercial Aberto firmaron un acordo de colaboración.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_CAIXANOVA.flv{/flowplayer}

    Nun momento de crise económica, Caixanova tende a man a asociación Caldas Centro Comercial Aberto para que a actividade comercial mellore e conseguir aumentar as ventasA entidade financeira considera á asociación de comerciantes un colectivo moi importante, o motor da economía da vila.

    O convenio ten dúas partes: por un lado aporta unhas grandes condicións financeiras en tanto a liquidez, medios de pago e banca electrónica. Por outro lado, colaborarase a través da obra social para o desenvolvemento de campañas de imaxe.

    Dende Caixanova afírmase que, nestes momentos complicados, apoiará incondicionalmente ó comercio.

    A presidenta de Centro Comercial Aberto agradeceu a Caixanova a súa colaboración e animou a que os comerciantes se una á asociación.

    Nas próximas semanas a asociación de comerciantes firmará un acordo co Concello.

     Redacción Salnés