Os turistas disparan as vendas da lotería de Nadal

    SANXENXO> A lotería de nadal xa está dispoñible e as vendas dispáranse nos lugares turísticos. Os visitantes aproveitan as vacacións para probar fortuna de cara ao sorteo de decembro

    Aínda quedan catro meses para o sorteo de nadal pero a lotería xa está dispoñible. Dende o pasado 11 de xullo os décimos xa están a venda e a previsión e que máis do 10% das papeletas se merquen durante este verán.

    Coa posibilidade de escoller o teu décimo, os clientes prefiren os números que coincidan con datas especiais.

    Unha vez mercado o décimo só queda agardar a que a sorte visite as Rías Baixas.