![]()
A ILLA> A Illa non contará a medio prazo cun novo centro de saúde. Así llo ven de asegurar a propia Consellería de Sanidade…
{flowplayer}images/salnes/centro_saude_illa.flv{/flowplayer}
… na recente xuntanza mantida con representantes do Concello insular, co seu Alcalde Manuel Vázquez á cabeza. Ante esta negativa, a proposta alternativa da Illa foi ampliar o actual dispensario de máis de trinta anos de antigüidade, dotándoo de máis espacio e mellorándoo nalgúns aspectos como o da accesibilidade.
Horas despois desta primeira reunión, o Delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaba o actual centro de saúde illense en compañía do Tenente de Alcalde. Con el comprobaba o estado actual do edificio. O Concello da Illa pide, amais das melloras deste centro, a construcción dun centro de día na parcela anexa, co que as dúas infraestructuras queden xuntas e poidan sumar sinerxias.
O Delegado valorou positivamente a estructura deste centro, non así o seu grao de accesibilidade que podería mellorarse ca dotación dun ascensor; que ben podería estar na parte traseira, co fin de que, no caso de que cheguen a crearse un edificio anexo, poida beneficiar ás dúas construccións. Polo de agora xa ten previsto negociar co ISM; posto que o vindeiro ano remata a cesión da parte que ocupa deste inmoble xunto co Sergas, para evitar ter problemas de titularidade no futuro.
Pola súa banda, malia a negativa a realizar un novo centro de saúde neste Concello, o Consistorio manterá os actuais terreos á disposición da Consellería por se mudan as cousas e esta vella demanda dos da Illa pode chegar a converterse en realidade, que non quede por culpa das parcelas.
Redacción Salnés










