O Extrugasa quere recuperarse a costa do Gran Canaria

VILAGARCÍA> Tras dúas semanas consecutivas actuando como visitante, o Extrugasa volve a xogar na casa. O sábado reciben ó Gran Canaria coa intención de rachar coa xeira negativa de resultados que acumulan e de paso pechar matemáticamente a salvación.

Recta final dunha temporada que se fixo moi longa para o Extrugasa. A vista xa a teñen posta no 2 de abril, día no que pecharán a competición na cancha do Obenasa Navarra. Iso sí, tanto Tito Díaz como as xogadoras desexan sumar algunha victoria máis de aquí ó final para cando menos lavar a imaxe dada nesta segunda volta a nivel resultados. Ademais, a salvación non está matemáticamente pechada, aínda que tan só unha debacle maiúscula faría perder a categoría ás vilagarciáns, que levan catro victorias de vantaxe sobre Olesa e Navarra cando faltan precisamente catro encontros por disputarse. Entre medias sitúase o Celta Indepo, que ten dous triunfos menos que un Extrugasa que aínda se ten que medir cos dous de abaixo.

Esta xornada reciben ó Gran Canaria que camiña na táboa coas mesmas victorias que as vilagarciáns. No partido de ida venceron as de Domingo Díaz, por 19 puntos de diferencia, no que foi o primeiro gran tropezo dun Extrugasa que ata entón amosara un nivel competitivo altísimo. As locais queren facer o camiño inverso nesta ocasión e recuperar a boa dinámica que perderon hai xa oito xornadas.

No quntentio do Gran Canaria destacan as súas pívots Nicole Michael e Katrin Ress. Entre as dúas fan de media 25 puntos e 16 rebotes por partido. A escolta Patricia Argüello dálles acerto no tiro exterior mentres que a sueca Martina Staalvant dirixe ó equipo. Como aleiro, unha veterana, Rosi Sánchez, a mellor en valoración do conxutno canario. Ós seus 37 anos xoga 37 minutos de media por partido.

No cadro local, Montse Gilabert será baixa mentres que Adams, moito mellor do seu golpe no xeonllo, estará para o partido.

Redacción Salnés