Catalina González: ‘A lista está case pechada, só faltan algúns flecos’

    fotocatacopia.jpg SANXENXO> A candidata á reelección como alcaldesa polo Partido Popular será presentada oficialmente este sábado no Hotel Galatea.

    {flowplayer}images/salnes/PreviaPresentacionCatalinaCandidata.flv{/flowplayer}

    A actual alcaldesa recibirá este sábado o apoio da cúpula do Partido Popular de Galicia no seu acto de presentación como candidata á reelección. Estarán presentes nesta cita o Presidente do PP de Galicia Alberto Núñez Feijóo e o presidente do PP provincial Rafael Louzán para mostrar o apoio de todo o partido á actual rexidora.

    O acto terá lugar no hotel Galatea en Paxariñas á unha da tarde, e a el están invitados tódolos veciños do municipio que queiran participar.

    Con respecto á configuración da lista dixo Catalina que a día de hoxe está praticamente pechada pero que no será o sábado cando se presente senón que haberá un acto específico no que se darán a coñecer os nomes dos membros.

    A pesares das dúbidas xurdidas por ser unha das últimas candidatas en ser presentada, Catalina González conta co apoio de todo o Partido Popular que así o fará ver neste acto de presentación.

    Redacción Salnés