Cambados acolle unha xornada sobre diversificación agrícola

    xornada_diversificacion_agricola copia.jpgCAMBADOS> Recuperar productos autóctonos e volver a poñelos no mercado. Esta é unha das novas oportunidades para o sector agrícola

    {flowplayer}images/salnes/xornada_diversificacion_sector_agrario.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Recuperar productos autóctonos e volver a poñelos no mercado. Esta é unha das novas oportunidades para o sector agrícola que se propoñen dentro do proxecto Novos Horizontes. Unha iniciativa na que participa o Grupo de Desenvolvemento Rural do Salnés, xunto con outros once de Galicia e Asturias.

    No caso do Salnés, as asociacións Cáritas e Bata, a cooperativa Hortumia e un particular están a experimentar co repolo de Betanzos, o tomate da avoa de Oredo, a cebola de Vilagarcía, o grelo de Ordes e co pemento de Arnoia.

    Disto falouse hoxe no Centro Comarcal do Salnés, en Cambados, na primeira xornada sobre Novas oportunidades para a diversificación agrícola. Na inauguración estiveron a directora xeral de Medio Rural, Alejandra Álvarez, a vicepresidenta do GDR Salnés, Catalina González e o alcalde Luís Aragunde.

    Redacción Salnés