![]()
VILAGARCÍA> 91 profesionais deste ámbito privado foron condecorados con diferentes galardóns.
{flowplayer}images/salnes/DIA_SEGURIDADE_PRIVADA.flv{/flowplayer}
Con motivo da celebración do Día anual da Seguridade Privada en Galicia, esta mañá o Auditorio de Vilagarcía acolleu este acto conmemorativo dedicado ós integrantes deste corpo.
Decenas de autoridades das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, do mundo da política e do ámbito da Seguridade Privada participaron neste acto conmemorativo.
Noventa e un destes profesionais recibiron mencións honoríficas de distintas categorías en recoñecemento á súa labor diaria. O Delegado do Goberno en Galicia destacou o seu esforzo para erradicar unha delincuencia que evoluciona día a día.
Neste senso, o representante destes traballadores destacou a importancia da formación en novas tecnoloxías para seguir xerando expertos que axuden a mellorar a seguridade dos cidadáns.
Posto que a seguridade é unha necesidade, o Xefe Superior do Corpo Nacional de Policía de Galicia e o Comisario Xeral de Seguridade Cidadá coincidiron na necesidade de que tanto o ámbito público coma o privado deben traballar conxuntamente para acadar unha maior eficacia do servizo.
O acto rematou coa actuación da banda de música Big Band de Vilagarcía.
Redacción Salnés









