Tempos de Grises, exposición da nosa historia democrática

VILAGARCÍA> O Fallado da Memoria presenta en Vilagarcía a exposición Tempos de Grises. A obra recolle a nosa historia dende o fin da ditadura ata finais dos anos 80. Estará dispoñible ata xullo e as visitas son gratuítas.

Tempos de Grises é o novo traballo da asociación cultural Faiado da Memoria de Vilagarcía. Trátase dunha exposición que recorre a historia do noso país dende a fin do franquismo ata finais dos 80, con especial fincapé nas primeiras eleccións municipais.

A exposición estrearase o día 9 e está dividida en dúas partes.

Ademais das imaxes, a exposición tamén ofrece periódicos antigos, folletos, prensa prohibida, vídeos e música da época, dúas proxeccións do documental “Despois de”, diversas charlas e pecharase cun faladoiro.

A exposición estará dispoñible ata xullo. A entrada é gratuíta e o horario de 10 a 14 horas e de 17 a 21 horas.