O secuestrado foi posto en liberdade tras pagar un rescate

    A ILLA > Román Santiago Allo foi a víctima do secuestro perpetrado presuntamente polos detidos que pasaron a declarar na tarde do martes. Xerente da empresa Cholamar en Ribadumia e edil do Partido Popular na Illa na pasada lexislatura, Román foi retido xunto co seu irmán. Tras pagar un rescate de máis de cen mil euros foi posto en liberdade o sábado pola noite.

    secuestrocholamardetidos_300_190906.jpgA noticia non se soubo ata o luns, momento no que llo avanzamos, e na mañá do martes tódolos medios se facían eco do acontecido. O xerente da empresa Cholamar en Ribadumia, Román Santiago, foi secuestrado durante dous días xunto co seu irmán menor, Bruno Santiago. O xoves pola tarde ambos foron retidos contra a súa vontade e, tras recibir unha malleira, o menor dos irmáns foi liberado na mesma madrugada para conseguir xuntar a contía que se esixía pola liberación: máis de cen mil euros que foron entregados ós raptores o longo do sábado e que xa foron recuperados pola policía.

    Tras reunir entre amigos, familiares e a través de créditos bancarios máis de cen mil euros, o sábado foi posto en liberdade o irmán maior. Dende a mañá do venres a Garda Civil tivo coñecemento do ocorrido. Acto seguido un equipo de élite das forzas e corpos de seguridade desprazáronse a Galicia para intervir no suceso e procurar a posta en liberdade dos secuestrados. Antes de que os raptores liberaran a Román na tardenoite do sábado, a policía xa tiña localizado o lugar e os secuestradores, que de non soltaren a Román tiveran entrado en acción.

    Tanto Bruno coma Román recibiron varios golpes e o máis pequeno tivo que ser ingresado polas lesións ocasionadas nun brazo segundo nos confirmaron. Durante o tempo que estivo retido, sufriu ameazas de agresión a familiares e coñecidos e de queima dos seus negocios. Román Santiago durante o secuestro puido recoñecer a un dos secuestradores pola voz e logo, cando lle descubriron a cara, puido ver directamente a cara de quen él sospeitaba.

    casa_m_otero_retocada2.jpgTrátase de Manuel Otero, alias ‘Aparatos’, de 37 anos de idade , veciño de Vilanova, e que vive na mansión que se pode ver na fotografía preto do mirador do Santo na Illa a escasos 50 metros da casa dos pais dos secuestrados. Xunto con Manuel Otero foi detida outra persoa, Rafael Rivas, de 27 anos, que vivía neste edificio da Pobra do Caramiñal ata fai un mes e coñecido na zona por pertencer ó clan familiar dos Fanchos. O suposto secuestrador da Illa está presuntamente relacionado con asuntos turbios de narcotráfico e parece ser que hai dictada unha sentiencia condenatoria que ten que empezar a cumprir a finais de octubre segundo informou a policía ó propio Román Santiago co que puidemos falar esta mañá.

    O secuestrado, Román Santiago nega rotundamente que o seu rapto teña nada que ver con asuntos turbios e pensa que o móbil do secuestro é unicamente a obtención fácil de cantidades considerables de diñeiro mediante o denominado secuestro ‘Exprés’. Unha práctica que nos sorprendía fai uns meses co secuestro dun coñecido empresario de Meaño.

    Redacción Salnés