As traballadoras de Cuca mobilizaranse esta semana

    VILAGARCÍA> A dirección da empresa ven de anunciar un ERE suspensivo de seis meses e o traslado dos traballadores a O Grove.

    {flowplayer}images/salnes/ReunionComisionsCuca.flv{/flowplayer} 

    A dirección do grupo vasco Garavilla, anunciou o pasado mércores o peche da fábrica que Cuca ten en Vilaxoán e na que traballan 110 persoas. Estas, iríanse a un ERE suspensivo de seis meses para logo incorporarse ó traballo na planta doutra das marcas que a empresa ten no Grove, conservas Isabel.

    Hoxe, representantes de traballadores e sindicatos analizaron a situación e as posibles saídas a este conflicto. Rexeitan este plantexamento por dúas razóns principlamente: porque significará unha perda de emprego para a comarca, entre directos e indirectos e polos gastos en combustible que acarrearía ós traballadores de Vilaxoán trasladarse ata O Grove diariamente. Dende UXT e Comisións Obreiras creen que detrás desta maniobra, hai outros intereses.

    Se ben os grandes afectados son os traballadores de Vilaxoán, no Grove tamén existe unha profunda preocupación.

    Dende os sindicatos xa anunciaron que farán unha concentración ás once da mañá do mércores diante da sé de Cuca en Vilaxoán de tódolos traballadores. Para o xoves quedará unha nova xuntanza con representantes da compañía e o venres convocarase unha mobilización cidadá onde se pedirá o respaldo do sector.

    Redacción Salnés