O PSOE aproba en solitario o novo escudo e bandeira do municipio da Illa

    pleno_illa_100.jpgA ILLA > O Concello da Illa aprobou onte a noite en pleno o novo escudo e bandeira que van a representar nos distintos eidos a este Concello.

    A proposta saíu adiante unicamente cos votos a favor do equipo socialista de goberno, e contou cos votos en contra do PP e ca abstención do edil do BNG.

    Á oposición coincidiu en salientar que as propostas agora aprobadas non lles parecían representativas da realidade do pobo da Illa; posto que, por exemplo, as trece vieiras que figuran no escudo non son típicas deste lugar.

    O alcalde da Illa apuntou que a el tamén lle gustaría máis que as cunchas fosen doutro producto máis característico da Illa como os mexillóns, pero que non foi posible dadas as ríxidas condicións da heráldica.

    A oposición quixo tamén reiterar a súa disconformidade ante a forma de actuar do actual goberno, que neste caso como noutros moitos anteriores, lles informou pero nos lles deixou meter baza.

    Para zanxar este tema, o equipo de goberno lembrou que este era só un comezo dos símbolos na Illa, que poderían chegar a variarse no tempo.

    Redacción Salnés.