Vilagarcía manterá as restricións horarias para `non dar un paso atrás´

VIALAGARCIA> Vilagarcía manterá as restricións horarias para saída ás rúas dos seus habitantes en todo o municipio. O concello entende que ningún núcleo cumpre coas condicións de parroquia rural illada. Dende Ravella piden comprensión á veciñanza para non dar paso para atrás.

A xunta de Galicia deu luz verde aos concellos da comunidade para eliminar as restricións horarias naquelas parroquias de menos de 5 mil habitantes. Unha situación que permite á saída á rúa sen limitacións na maioría de núcleos da nosa contorna. Pero a decisión corresponde ao concellos e en Vilagarcía manterán as franxas horarias. O goberno local entende que ningunha zona cumpre as condicións de parroquia rural illada.

O alcalde pide comprensión á veciñanza, entendendo que esta restricións son necesarias para non dar un paso atrás.

A veciñanza divídense entre os que consideran que son máis seguras as restricións e os que non.

A decisión do concello foi criticada polo partido popular. Dende a oposición consideran que a confusión veciñal é culpa do goberno local. Tamén acusan ao alcalde vilagarcián, e presidente da Fegamp, de falta de lealdade institucional por culpar á Xunta das dúbidas xurdidas. Ao marxe destas críticas, dende Ravella comezaron a acondicionar as praias e as súas contornas para garantir e facilitar o distanciamento nos paseos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí