Rexeitamento unánime a instalación de gaiolas de salmón na ría

manifasalmon.jpgSANTIAGO> Os pescadores e mariñeiros de Muros-Noia consideran que estas instalacións serían totalmente prexudiciais para importante riqueza pesqueira e marisqueira da zona,da que viven numerosas familias.

{flowplayer}barbanza/manifasalmon1.flv{/flowplayer}

Con petardos, asubíos e mesmo bengalas. Portando pancartas ou con berros, pedindo a dimisión da conselleira do Mar, Rosa Quintana. Todo valía para defender a súa causa: non ó traslado das gaiolas de salmón da ría de Arousa, onde estaban instaladas dende o ano 2008, á ría de Muros-Noia, concretamente ó polígono Muros C.

Altamente contaminantes

Encabezando a concentración os patróns maiores de Muros, Noia e Porto do Son. Os tres coinciden ó sinalar que as plantas de salmón son altamente contaminantes ó empregar para o seu engorde produtos químicos e antibióticos.

Momentos de tensión

Durante a concentración chegáronse a vivir momentos de enorme tensión, como o que se producía cando a titular do Mar baixou do seu despacho a intentar falar cos propios mariñeiros.. 

Xuntanza

Tras este intento fallido, Rosa Quintana, mantivo un encontro no seu despacho cunha representación dos mariñeiros, ós que lles volveu a insistir en que os informes que manexa a Consellería avalan a viabilidade do cultivo do salmón, e non suporán a contaminación da ría.

{flowplayer}barbanza/manifasalmon2.flv{/flowplayer}

Antes da xuntanza a conselleira insistiu tamén en que a decisión xa está tomada, e Galicia non pode perder a oportunidade de producir unha especie cun alto valor comercial. Aínda así doulle unha semana de prazo ó sector, que saiu bastante decepcionado da xuntanza, para presentar unha serie de informes, que segundo eles, avalan o valor altamente contaminante deste tipo de instalacións. A guerra non acaba máis que comezar. ..

Redacción Barbanza