![]()
CALDAS > O alcalde de Caldas de Reis recibiu esta maña ó xefe de obras da demarcación de Estradas para estudiar as posibles solucións da problemática …
… xurdida no lugar onde se desenvolven as obras da variante na PO-640 ó seu paso pola vila que provocaron as queixas dos veciños de Segade polos danos ocasionados ás casas a consecuencia dos taponamentos das saídas de evacuación
Os veciños de Segade en Caldas de Reis fican esperanzados unha solución para o seu problema que comezou cas obras da variante 640 ó seu paso pola vila que ocasionou cortes de auga, acumulación de sedimentos nas proximidades das casas, problemas na traída de augas e alteración no manantial.
Despois dunha reunión cos veciños, o alcalde de Caldas Juan Maunuel Rei recibiu esta mañá o xefe de obras da demarcación de estradas para atopar unha solución que non prexudique ós veciños
Dende o concello apúntanse varias alternativas como a colocación de arquetas e desagues que desbloquen as saídas de evacuación. Para os veciños a situación segue a ser insoportable, cortes de auga, acumulación de residuos nas súas casas e un longo ecétera son o día a día dos habitantes de Segade
Tanto concello como veciños esperan a resposta da demarcación e canto antes se atope unha solución ó seu problema
Redacción Salnés










