O BNG denuncia que a visita de Tourís á Cultural ‘incumpre’ a Lei

    bngxezcambados copia.jpg CAMBADOS> Consideran que se trata dun acto propagandístico, e piden á Xunta Electoral de Zona que incoe a correspondente sanción.

    {flowplayer}images/salnes/DENUNCIA_XEZ_BNG_CAMBADOS191011.flv{/flowplayer}

    Queda un mes para que se celebren as eleccións xerais e xa comezan as primeiras denuncias por supostas infraccións da Lei Electoral. O BNG do Salnés, a través do seu representante Xoán Allegue, presentou esta mañá ante a Xunta Electoral de Zona de Cambados un escrito no que critican a visita realizada onte polo delegado da Xunta en Pontevedra ás obras do edificio da Sociedade Cultural de Cambados. No documento, os nacionalistas consideran que o acto se realizou con carácter propagandístico, algo expresamente prohibido, din, pola Lei en período electoral.

    Os nacionalistas solicitan Á Xunta Electoral de Zona de Cambados que se requira ó goberno galego o cese inmediato deste tipo de actos durante o período electoral, ademais de incoar a oportuna sanción polos feitos denunciados.

    Redacción Salnés