![]()
PONTEVEDRA> O arquitecto do proxecto ‘Pousadas do Salnés’ inspirouse na vinculación de Meaño ó sector vinícola para deseñar o edificio vacacional deste concello.
{flowplayer}images/salnes/ProxectoPousadaMeano.flv{/flowplayer}
O obxectivo fundamental do plan Pousadas do Salnés é levar a cabo edificios que sexan plenamente accesibles para as persoas con problemas de mobilidade, que en España son preto de 3 millóns. Este plan inclúe catro pousadas na Lanzada, Ribadumia, a Armenteira e esta de Meaño.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, agradeceu a colaboración do concello de Meaño que cedeu gratuitamente ó organismo provincial a parcela de 15.000 metros cadrados para a construción da Pousada.
Á hora de levar a cabo a construción do edificio o arquitecto tivo moi en conta a relación do Concello de Meaño co viño. Inspirando a estrutura do edificio no clásico tonel de viño. E respentando en todo momento o ambiente no que se enmarca esta construción para reducir o impacto sobre o terreo.
O investimento necesario para acometer esta actuación será de 2.750.000 euros e o prazo de execución de 12 meses. Prevese que as obras comecen entre maio e xuño aproximadamente.
Redacción Salnés







