O concello remata as actuacións para evitar as inundacións no colexio de A Lomba

    VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía traballa para poñer a punto os colexios do concello de cara ao novo curso escolar. O goberno local está a realizar pequenas actuacións en diferentes centros. Xa está rematada a de maior envergadura, aquela dirixida a evitar as inundacións nos arredores dos colexios de A Lomba e Arealonga. Con este obxectivo, xa planean máis intervencións.

     

    O concello de Vilagarcía ven de rematar os traballos para paliar as inundacións que padecían os alumnos dos centros de A Lomba e Arealonga. A actuación xa viña herdada do goberno anterior cun orzamento de máis de 20 mil euros.

    A raíz destas intervencións eliminaron materiais da canalización do río que obstaculizaban o desaugue. Algo no que seguirán a traballar.

    O concello tamén está a facer pequenas actuacións noutros centros arousáns, atendendo ás demandas dos equipos directivos. Entre elas, está a división dunha aula do colexio de Carril, para poder acoller aos rapaces que se derivarán tralo peche da escola unitaria do Pedroso.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/28/educacion_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/28/educacion_vilagarcia.mp4{/flowplayer}