RIBEIRA> As investigacións realizadas polos axentes da comisaría ribeirense tras o roubo a unha panadería durante a pasada fin de semana permitiu a detención dun veciño da localidade coma presunto autor de dous delitos de roubo con forza.
Ó parecer os axentes atoparon ó individuo en cuestión nas inmediacións do lugar no que se produciu o roubo.
Na man portaba unha bolsa na que levaba diñeiro en efectivo e varios dos efectos subtraídos do comercio.
Ó parecer o agora prendido xa foi denunciado en xullo pasado por outro roubo a unha florería, á que entrou despois de romper o vidro do escaparate, de onde se levou diñeiro en efectivo que había na máquina rexistradora.
Daquela os axentes non puideron detelo, ó darse á fuga. Pero as investigacións realizadas posteriormente polos axentes permitiron determinar que se trataba da mesma persoa agora detida. Unha vez posto a disposición xudicial no Xulgado de Instrución Número Dous de Ribeira, en función de garda, decretouse o seu ingreso en prisión provisional.











