Unha comisión avaliará o funcionamento das gaiolas de salmón

CONSELLEIRA_GALIOLAS copia.jpg MUROS> A conselleira do Mar, Rosa Quintana, insiste en que a instalación destas insfraestruturas está avalada por informes favorables de organismos independentes.

{flowplayer}images/salnes/CONSELLEIRA_MAR_GAIOLAS.flv{/flowplayer}

A conselleira do Mar; Rosa Quintana, referiuse a este asunto esta mesma mañá durante unha xuntanza en Santiago con mariscadoras de a pé de toda Galicia. Rosa Quintana insiste en que o proxecto experimental das gaiolas de salmón non vai supoñer ningún problema para a actividade pesqueira da zona. Ademais, di a titular de mar, xerará máis de 300 postos de traballo na zona.

A responsable de Mar insiste en que a decisión de trasladar as galiolas de Salmón ó polígono Muros C está avalada por informes técnicos independentes e que se fixo atendendo a criterios de carga nas rías. Segundo Quintana, a da Arousa está ó límite da súa capacidade, ó contar co 68 por cento de tódalas bateas de Galicia, de aí a necesidade de trasladar as gaiolas. Durante a xuntana tamén se abordou a supresión da paga extra das mariscadoras que se retiraron sen ter cotizado o esixido pola lei. Rosa Quintana mantense firme. Entende que o sobresoldo se concedeu como unha medida de discriminación positiva, pero que son uns ingresos que non lles corresponden.

Redacción Salnés