Pouca demanda de marisco a tres semanas do Nadal

RIBEIRA> A tan só vinte días do Nadal, apenas se nota nas prazas de abastos maior demanda de marisco para as datas festivas. Son poucos os consumidores que xa realizaron as súas encargas para non ter que facer fronte ás subas de última hora.

A pesar de estar xa en decembro, os prezos do marisco, mantéñense estables. Esta mañá, a centola ía a vinte e cinco euros na praza de Ribeira e o quilo de nécora, mediana, a vinte. Son prezos máis que razoables tendo en conta a proximidade das festas do Nadal. E é que polo momento non se rexistrou aínda unha forte suba da demanda.

Malia todo, xa hai quen realizou encargas e xa está a levar marisco para conxelar. Unha boa maneira de evitar sustos de última hora posto que na véspera das datas festivas o prezo tende a duplicarse.

Centola, nécora, ameixa e camaróns están entre os mariscos máis demandados. Aínda que, en función do prezo que acaden, son moitos os que optarán por cambiar o menú adaptándose ás opcións máis económicas para servir nas súas mesas este Nadal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí