‘É preciso unha auditoría de contas para coñecela situción da entidade’

    circulo_cultural_deportivo_sanxenxocopy.jpgSANXENXO> Isto será o primeiro que solicitarán os novos candidatos á xunta directiva da Cultural de Nantes se gañan as eleccións.

    {flowplayer}images/salnes/CIRCULO_CULTURAL_DEPORTIVO_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Estas eleccións á xunta directiva terá lugar o vindeiro 27 de marzo.

    Os principais motivos destes socios do Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo para presentarse como candidatos é evitar que a actual xestora repita no seu cargo tralas irregularidades económicas cometidas presuntamente polo anterior presidente da entidade.

    Ademais, consideran necesario unha auditoría de contas, renovalos estatutos e dinamizala vida da cultural.

    E é que sinalaron que a única información que lles deron na última asemblea extraordinaria é que se producira un desfase económico despois de que o anterior presidente presuntamente falsificara sinaturas de pagarés. Pero realmente descoñecen a situación exacta pola que atravesa a entidade.

    Con todo criticaron as trabas que lles puxo a actual xunta directiva para acceder á documentación da entidade. Neste senso, o tesoureiro confesou que a lei de protección de datos non lles permitiu facilitar certa información.

    Sinalou, ademais, que o actual grupo directivo é o que ten que seguir no cargo xa que coñece á perfección a situación pola que atravesa o Club.

    Segundo informou o tesoureiro, o anterior presidente enfróntase a cargos de falsificación e apropiación indebida tal e coma recollen as denuncias presentadas por el mesmo e pola xunta directiva.

    Redacción Salnés