A confraría de Vilanova retira do mar máis de 700 quilos de lixo

VILANOVA> As confrarías da contorna aportan o seu gran de area para limpar os océanos. Os pósitos de Vilanova de Arousa, A illa, Cambados, o Grove e Portonovo participan no proxecto de recollida de lixo desenvolvido polo CETMAR. O obxectivo é protexer o medio mariño e os seus recursos.

O Centro Tecnolóxico do Mar puxo en marcha hai 7 meses un novo proxecto de recollida de lixos denominado Marine Litter Style. Á proposta uníronse as confrarías de Vilanova de Arousa, A illa, Cambados, o Grove e Portonovo. Mediante este plan, os traballadores do mar retiran os refugallos que atopan mentres realizan as súas labores e os depositan en terra nuns contedores especiais.

Neste proxecto participan tódolos socios da confraría. En caso de que atopen produtos que non podan trasladar avisan á confraría e este veñen a recollelo. Polo de agora xa atoparon máis dunha sorpresa.

O proxecto ten como obxectivo protexer o medio mariño e os seus recursos mediante unha redución do lixo. Así realízase un estudo das posibilidades de valorización dos residuos inorgánicos que se xeran nos portos pesqueiros seguindo os principios de economía circular. Unha tarefa na que ás mariscadoras están orgullosas de colaborar.

No marco deste proxecto tivo lugar esta tarde en Vilanova un taller no que o CETMAR mostrou ás mariscadoras os resultados desta colaboración.

Segundo o CETMAR ata o de agora as 10 confrarías que participan no proxecto retiraron do mar máis de dous mil quilos de lixo. 727 deles foron retirados polo pósito de Vilanova.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí