VILAGARCIA> O Arosa continúa perfilando a súa plantilla para a vindeira temporada e incorpora a Adrián Gómez. O lateral dereito de 35 anos chega a Vilagarcía procedente do Rápido de Bouzas. Esta é a segunda incorporación do equipo e o presidente avirte que tentarán facer 5 fichaxes máis.
A tempada 2019/2020 xa está en marcha, polo menos nas oficinas dos clubs onde xa están a traballar para preparar o mellor equipo posible. É o caso do Arosa que hoxe anunciou á súa segunda incorporación para esta campaña. O presidente do club presenta a Adrián Gómez como unha fichaxe ilusionante.
Adrían Campos chega ao Arosa tras catro tempadas en Segunda B. O lateral dereito de 35 anos aportará experiencia ó equipo arosista e agarda que podan meterse en fase de ascenso.
O exogador de Pontevedra e Rápido de Bouzas asegurou que sempre lle gustou o Arosa e que sempre lle deron boas referencias sobre o club.
A de Adrián Campos é a segunda fichaxe que fai o club este verán tras Sergio Cotilla. O presidente asegurou que tentarán incorporar 5 xogadores máis esta tempada. Manuel Abalo tamén comunicou que a campaña de abonados comezará a semana que ven, despois de que fagan a asemblea para pechar o resultado 2018/2019.