Máis dun millar de pezas foron extraídas do Castro Alobre nos últimos dous meses

    VILAGARCIA> A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou este martes o Castro Alobre en Vilagarcía de Arousa, onde están a piques de rematar os traballos de consolidación previos a súa musealización. Unha visita que coincidiu en tempo e forma coa de outros “ilustres” veciños da vila, que acudiron ao castro para coñecelo máis de cerca. Os pequenos do colexio vilagarcián Anexo Lomba visitaron o entorno do Castro Alobre para coñecer un pouco máis da súa cidade e ilustrar o traballo dos arqueólogos. Unha ilustre visita que coincidiu coa de varios autoridades que este martes se achegaron a escavación do castro cando están a piques de rematar os traballos de consolidación anteriores a musealización. Santos Héctor, o numerosos rostros do goberno local da vila tamén acompañaron a presidenta da Deputación e ao alcalde Alberto Varela nesta visita o enclave arousá. Durante a súa intervención Carmela Silva subliñou que no Castro Alobre entre o 2016 e o 2017 escavouse unha superficie duns 500 metros nos que se atoparon numerosos achados importantes. Ademais Silva lembrou que o orzamento deste proxecto de musealización contempla 1,5 millóns de euros para 2017 e 2,5 millóns para 2018. Antes de rematar a visita Carmela Silva e Alberto Varela repartiron aos escolares que os acompañaron na súa visita un libro “Os Bolechas van a Castro Alobre”, editado polo concello de Vilagarcía, que os cativos recolleron con moita ledicia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/18/carmela_visita_alobre_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/18/carmela_visita_alobre_villa.mp4{/flowplayer}