Os locais de ensaio darán servizo a vinte bandas locais

    inauguracionlocaisensaiopobra.jpgPOBRA> Os grupos de música da Pobra dispoñen xa dun local para ensaiar e grava-las súas maquetas.

    {flowplayer}barbanza/inauguracionlocaisensaiopobra.flv{/flowplayer}

    O director xeral de Xuventude e o alcalde da Pobra inauguraron os locais de ensaio emprazados nas dependencias da antiga radio municipal. As instalacións compóñense de dúas salas de ensaio e unha de gravación así como un despacho auxiliar, aseos e vestíbulo.

    O acondicionamento do inmoble e a dotación de equipamento e mobiliario foi posible grazas ó convenio coa Consellería de Traballo e Benestar.

    A posta en marcha dos locais enmárcase no programa da Dirección Xeral de Xuventude que baixo o lema ‘xuventudémusica’ desenvolve iniciativas educativas aproveitando o potencial creativo dos mozos.

    Xuntanza

    O vindeiro venres, os grupos interesados en utilizar as novas instalacións manterán un encontro co alcalde para artellar un horario flexible que permita compatibilizar o uso dos locais coas ocupacións dos músicos.

    Redacción Barbanza