O BNG leva ó Parlamento a falla de pediatra en Rianxo

    RIANXO> O BNG levou ó Parlamento a necesidade dun segundo pediatra para o centro de saúde Rianxo a través de varias preguntas e unha proposición non de lei. Na iniciativa, solicitan o reforzo deste servizo coa contratación dun novo especialista xa que, na actualidade, as consultas están masificadas ó contar con tan só un profesional. Máis grave é a situación ante a ausencia de cobertura de baixas e vacacións, períodos nos que os mil catrocentos nenos que dependen deste centro de saúde, quedan sen servizo e deben ser atendidos por médicos non especialistas. O BNG pide ó Parlamento que inste á Xunta a mellorar o servizo dotándoo de máis recursos humanos.