A maratón popular de Dena congregou a máis de cen persoas

    maraton copia100.jpg MEAÑO> A Asociación de Veciños Santa Lucía organizou un ano máis esta carreira popular, que supera os vintecinco anos de historia.

    {flowplayer}images/salnes/MARATON_MEANO.flv{/flowplayer}

    Esta mañá Dena, no concello de Meaño, acolleu unha nova edición do tradicional maratón que cada ano organizan os veciños da Asociación Santa Lucía. A cita, que conmemora a celebración do Día de San José, congregou a centos de persoas de diferentes idades que acudiron para realizar o percorrido desta carreira popular, que transcorreu por diferentes zonas da parroquia con saída e meta diante do pavillón de Deportes Municipal.

    Con este xa van máis de 25 anos que os veciños organizan esta maratón popular, que cada edición consegue concentrar en Meaño a un gran número de participantes de toda Galicia que aumenta ano a ano.

    Este ano os corredores beneficiáronse dunha novidade este ano, como foi a instalación dun servizo de duchas para usar despois da carreira. Ademais, a organización tamén preparou diferentes trofeos para entregar os vencedores en cada unha das categorías.

    Redacción Salnés