O BNG quere promover a riqueza do mar a través da praza de abastos

    bngcambadospescalia100_280307.jpgCAMBADOS > O candidato do BNG reuniuse coa directiva da Asociación Galega de Vendedores de Peixe. Os nacionalistas …

    … preocupáronse polo funcionamento da praza de abastos e pola súa reforma. Víctor Caamaño expúxolles a súa intención de utilizar este mercado para a promoción da riqueza marisqueira e peixeira de Cambados.

    O BNG de Cambados pretende utilizar a praza de abastos como un lugar de promoción da actividade pesqueira e marisqueira do concello. Así lle lo fixo saber o mesmo candidato ós vendedores do mercado municipal. Víctor Caamaño, reuniuse onte coa directiva de Pescalia, a Asociación Galega de Vendedores de Peixe, que ten a súa sede en Cambados. A reunión centrouse nos problemas específicos que teñen os profesionais que traballan na praza de abastos de Cambados.

    prazaabastoscambados200_280307.jpgCaamaño interesouse polo funcionamento do mercado e pola necesidade de modernizar as súas instalacións para adaptala ás novas correntes comercializadoras. No proxecto dos nacionalistas búscase por en valor a praza de abastos da localidade, co obxectivo de que os consumidores o teñan como un punto de referencia á hora de comprar productos frescos e de calidade. O candidato do BNG incidiu na promoción da praza como garantía dun producto fresco e de primeira calidade para incentivar ós consumidores a realizar as súas compras nestas instalacións.

    Na xuntanza tamén se abordou o proxecto de Portos de Galicia para a reordenación da zona portuaria, que inclúe a reforma da praza de abastos. Víctor Caamaño non quixo eludir asuntos polémicos como os proxectos de traslado do mercado ambulante dos mércores e os sábados e a súa influencia na actividade diaria da praza.

    Redacción Salnés