SANXENXO > O PP reproba no pleno ós edís do BNG polas denuncias que fixeron sobre o Centro de Día, ‘por causar alarma social’.
{flowplayer}images/salnes/pleno_sanxenxo_centro_dia.flv{/flowplayer}
SANXENXO > O PP de Sanxenxo fixo valer a súa maioría na corporación municipal para reprobar no pleno ós tres edís do BNG polas denuncias que fixeron sobre o Centro de Día.
Os populares presentaron unha moción para reprobar ós nacionalistas por ensuciar o bo nome do Centro de Día ó dicir que se lle ofrecía ós usuarios unha alimentación non axeitada ás súas doenzas, ou que as traballadoras só cobraran a metade da súa nómina en outubro. Para xustificar a moción, o PP indicou que as actitudes amosadas polos edís do BNG teñen a única finalidade de desprestixiar e causar alarma social.
Desde o Concello lembrouse que un inspector de Vicepresidencia visitou o centro de día a raíz das denuncias do BNG sen atopar ningunha irregularidade. Isto para o BNG demostra que si as houbo e puxo a pelota de crear alarma social no tellado dos populares.
Redacción Salnés