O comité de empresa do Intecmar estuda un calendario de mobilizacións

    intecmar100_190508.jpgVILAGARCÍA > Os traballadores do Intecmar poderían iniciar mobilizacións polos continuos problemas que manteñen coa dirección do centro de Vilaxoán …

    … O comité de empresa vén de abandonar a Mesa de Negociación que mantiña coa dirección ó non ver ningunha intención de chegar a acordo algún.

    O comité de empresa do Intecmar estudia un calendario de mobilizacións ante a falta de acordo coa dirección do centro de Vilaxoán. O sindicato Comisións Obreiras denuncia unha actitude inaceptable por parte da dirección, pois cre que só busca darlle largas ás demandas dos traballadores. Segundo explica, levan tres anos padecendo continuos descontos e con obstruccións dos seus dereitos laborais, obrigando ós afectados a iniciar procesos xudiciais. De feito, Comisións denuncia que a propia dirección do Intecmar lle aconsella ó Comité de Empresa a recorrer á vía xudicial, o que ó seu parecer pon de manifesto a súa nula intención de chegar a calquera entendemento.

    O sindicato lembra que levan desde 2005 levan esperando que se cumpra o acordo de equiparación salarial do Intecmar cos restantes centros públicos dependentes da Xunta. Denuncia ademais que non hai unha normal interlocución entre comité de empresa e dirección e que as visitas dos inspectores de traballo comezan a ser unha constante, ó igual que as demandas xudiciais por incumprimentos contractuais e outras demandas laborais. Mesmo a formación segue a ser deficitaria, tal como sinala Comisións Obreiras.

    Redacción Salnés