Miguel Ángel Pérez intentará recuperar a alcaldía meca para o PP

    ppgrove copia100.jpgO GROVE> O candidato criticou duramente o actual goberno tripartito e comprometeuse a desenvolver novos proxectos na vila meca.

    {flowplayer}images/salnes/PRESENTACION_PP_GROVE.flv{/flowplayer}

    Miguel Ángel Pérez xa é oficialmente o candidato do Partido Popular para a alcaldía do Grove. Pérez foi presentado esta mañá durante un acto no que estivo arroupado por importantes membros da formación política, entre eles o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.

    As críticas á actual xestión do tripartito PSOE-BNG-Partido Galeguista, centraron gran parte da intervención do candidato, que calificou o goberno como o peor da historia do Grove.

    Pola súa banda, o presidente da Xunta centrou gran parte do seu discurso no proxecto que a administración autonómica desenvolverá nos portos Meloxo e O Corgo, que empregou como exemplo de futuras inversións que se realizarán na zona.

    O ataque os gobernos de coalición foi a peza central do discurso de Rafael Louzán, que recordou os asistentes a necesidade de vencer con maioría absoluta para acadar o goberno da localidade meca.

    A redacción do PXOM, a construción dun centro de saúde e dun centro de día e o traballo para conseguir un auditorio para O Grove, foron outros dos compromisos asumidos polo candidato popular.

    Redacción Salnés