Vilagarcía tomará as uvas, un ano máis, as doce do mediodía

    VILAGARCÍA > Fai xa sete anos que no concello de Vilagarcía comezase o ano as doce do mediodía. A praza de Galicia encherase o vindeiro día 31 de miles de persoas que queiran brindar e iniciar simbolicamente o ano na compañía de amigos e compañeiros. Ademais das tradicionais campás un grupo de animación poñerá a diversión ata a unha e media da tarde.

    Un ano máis en Vilagarcía comeranse as uvas as doce da mañá. Arredor de 330 botellas de cava ,  150 quilos de uvas e 3.000 paquetes de cotillón se repartirá entre todos os cidadáns que queiran comezar o ano dun xeito orixinal. Para celebralo despois das tradicionais campás un grupo de animación animará a festa ata a unha e media do mediodía.

    Este ano o concello de Vilagarcía conta coa participación da asociación de comerciantes Zona Aberta que colaborará coa merca das uvas e da entidade bancaria Caixanova. Un orgullo para ámbalas dúas entidades  xa que Vilagarcía será noticia en toda España.

    Redacción Salnés