![]()
RIBADUMIA> A obra integra o casco urbano de Barrantes coa ruta fluvial do Umia, e contou cun orzamento de preto de 350 mil euros.
{flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_PRAZA_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}
Ribadumia inaugurou esta tarde a nova Praza o Concello, unha obra que integra o casco urbano de Barrantes coa ruta fluvial do Umia. Os traballos, que contaron cun orzamento de preto de 350 mil euros con cargo ó Plan E 2010, incluíron a limpeza das marxes dos camiños, a dotación dos servizos de alumeado e recollida de pluviais,a reposición do pavimento, e a creación dun paseo con arbolado.
A nova praza está pensada para o lecer dos veciños de Ribadumia de todas as idades, de aí que se incluíra a construción dunha zona de ocio para os máis pequenos e un parque biosaudable para os adultos. Ademais, o proxecto instalou na praza un cruceiro de pedra obra da Escola de Canteiros de Pontevedra.
A alcaldesa da localidade, Salomé Peña, o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e os concelleiros do grupo de goberno, estiveron acompañados no acto de inauguración por numerosos veciños do municipio, que se achegaron atraídos pola actuación da Banda Municipal de Música de Ribadumia e os obradoiros para os máis pequenos.
Redacción Salnés







