Os socialistas inician a precampaña cun proxecto para a Telleira

    precampanapsoe copia100.jpg SANXENXO> O PSOE explicou onte os veciños de Noalla e Vilalonga os plans de acondicionamento paisaxístico.

    {flowplayer}images/salnes/VECINOS_VILALONGA.flv{/flowplayer}

    O Partido Socialista de Sanxenxo presentou onte ante os veciños de Vilalonga e Noalla o proxecto de acondicionamento ambiental e paisaxístico de ambas parroquias.

    O plan, que vai destinado a desestacionalizar o turismo e a xeración de emprego no concello, pasa polo acondicionamento do entorno da Telleira, dotándoa dunha zona de xardín, un paseo de madeira por enriba do mar e a instalación de casetas de madeira para o avistamento de aves e para as mariscadoras. Segundo as estimacións dos socialistas, o proxecto precisaría dun orzamento de máis millóns de euros, para o que buscarían financiación en varios plans con fondos europeos.

    O acto estivo encabezado pola candidata socialista, Dulcinea Aguín, que anunciou que manterá unha reunión co Xefe Provincial de Costas para presentar o proxecto e buscar a financiación necesaria.

    A cita de onte cos veciños estivo enmarcado no inicio da precampaña electoral da formación política.

    Redacción Salnés