Cambados busca rachar a fenda dixital coa terceira edición de Galegas Dixitais

CAMBADOS> A mulleres desempregadas de Cambados poderán aumentar a súa formación grazas á terceira edición de Galegas Dixitais. Un programa de 120 horas de formación no que as participantes adquirirán os coñecementos necesarios de informática para acceder ao mundo laboral. Celebrarase do 8 ao 19 de maio e é totalmente gratuíto.

O concello de Cambados súmase un ano máis ao programa Galegas Dixitais. Unha formación financiada pola consellería de igualdade, a través dos fondos europeos, que vai destinada ás mulleres para axudar a rachar coa fenda dixital.

O programa busca formar a mulleres desempregadas para axudar a súa inserción laboral.

Este é o terceiro ano no que Cambados se suma a este programa. A formación xa axudou ás mulleres das dúas anteriores edicións.

A inscrición e gratuíta e está aberta a través dos teléfonos de contacto facilitados polo concello ou por correo electrónico no enderezo info@araformación.es. As participantes recibirán ademais un ordenador portátil.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí