![]()
O GROVE> A economía no Concello grovense está en situación de asfixia económica o encontrarse por segundo ano consecutivo cun remanente….
{flowplayer}images/salnes/economia_concello_grove.flv{/flowplayer}
… de Tesourería para gastos xerais negativo. Segundo ven de afirmar o edil Juan Luís Callón o anterior executivo foi deixando que o remanente de tesourería para gastos xerais na lexislatura 2007-2010 fose decrecendo, o que derivaría na situación de déficit actual.
En termos cuantitativos, o Grove tería no pasado exercicio un saldo negativo no remanente de Tesourería para gastos sociais de case 204.000 euros; maila que o resultado exercicio do 2010 rematou cun superávit de 156.456 euros, segundo os populares, gracias ós ingresos fóra de orzamento que achegaron a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.
Arestora, o Concello tería unha débeda de 2.230.000 euros con provedores e duns 7.417.000 euros con entidades bancarias. Esta situación acentuarase co descenso da recadación por obras que se agarda, así como a obrigación de devolver ó Estado máis de 350.000 euros prestados nos anos 2008 e 2009; ou a previsión do descenso de ingresos por parte do Estado. Amais, as cargas financeiras medrarán ata os 90.000 euros e o IVE e a inflación axudarán a facer máis profunda esta débeda.
Redacción Salnés








