O Grove reclama o adianto da reapertura da campaña do centolo

    O GROVE> A data de reapertura da campaña do centolo enfada á Confraría de O Grove. As embarcacións poderán voltar a faenar o 27 de novembro, vinte días máis tarde que o ano pasado; un retraso que, segundo explican dende o pósito meco, fará que se perda o pico máis forte da campaña. Por iso, mañá presentarán un recurso ante a Consellería do Mar, reclamando que se lles escoite.

     

    A flota de enmalle meca terá que agardar ata o 27 de novembro para arrincar a captura do centolo. A Consellería do Mar fixou esta data para a reapertura da campaña; unha decisión que non gusta á confraría de O Grove.

    Hai tres días que arrincou a veda do centolo. Polo tanto, ata o 27 de novembro cumpriríanse seis meses sen poder capturar o produto estrela da lonxa meca. Dende a confraría temen pola viabilidade do sector.

    Segundo explicou o patrón maior, a decisión da Consellería de fixar esa data débese á petición de seis confrarías. Pero insisten na relevancia do centolo para o pósito meco, por iso reclaman ter máis peso.

    A Confraría de O Grove está disposta a reclamar o seu, e van presentar un recurso ante a Consellería do Mar para que se reconsidere a decisión. Tampouco descartan mobilizarse.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/07/patron_grove_veda_centolo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/07/patron_grove_veda_centolo.mp4{/flowplayer}