PONTEVEDRA> Estados Unidos continúa á cabeza na listaxe de países receptores, seguido por Reino Unido, Porto Rico e México.
{flowplayer}images/salnes/EXPORTACIONS_RIAS_BAIXAS_2010.flv{/flowplayer}
Ata 54 países de todo o mundo recibiron viños Rías Baixas durante o 2010. A DO superou nese exercicio os 3.500.000 litros de viño exportado, unha cifra que supón un incremento do 16% no volume con respecto ó ano anterior. Uns bos datos que foron celebrados dende o Consello Regulador.
Un ano máis, Estados Unidos volve situarse como maior receptor dos viños da DO, concentrando o 53,77% das vendas no estranxeiro. Reino Unido, Porto Rico e México completan a listaxe dos principais mercados importadores de viño Rías Baixas, unha lista na que o Consello Regulador traballa para incluír de xeito consolidado o mercado asiático.
Para o vindeiro exercicio, o Consello Regulador continuará traballando na consolidación dos mercados xa existentes, aínda que aseguraron non deixarán de lado a apertura a novos países.
Segundo o Consello Regulador, as vendas por exportación xa supoñen o 22% das vendas totais da DO, unha cifra que intentarán aumentar coa súa participación en feiras como Prowine, en Dusseldorf, Alemaña, a francesa Vinexpo, en Burdeos, ou a feira Wine and Spirits, en Hong Kong.
Redacción Salnés