Mato inaugura o novo centro terapéutico para menores de Chavea

    inauguracion_centro_chaveacopy.jpgVILAGARCÍA> Trátase do único centro de menores especializado en trastornos de conduta de Galicia. Conta con dezaseis prazas.

    {flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_CENTRO_CHAVEA.flv{/flowplayer}

    Ata o momento o centro terapéutico Chavea, en Vilagarcía, tiña capacidade para dez menores con diferentes trastornos de conduta. Agora, grazas ás novas instalacións que hoxe inaugurou a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, este espazo dará cabida para un total de dezaseis cativos de entre dez a dezaoito anos. A Xunta destinará durante un período de dez anos un importe anual de 670.000 euros ó ano.

    A Fundación Lar será a encargada de xestionar este centro de referencia, o único destas características en Galicia. Nel traballan desde hoxe mesmo un total de 27 profesionais, entre educadores, psiquiatras, coidadores e voluntarios, entre outros. Pero o traballo non se queda no ámbito educativo senón que se amplía para conseguila maior integración posible destes menores.

    Esta inauguración contribúe ó obxectivo da Xunta e en concreto da Consellería de Benestar por conseguir unha sociedade o máis inclusiva posible.

    Terapias, talleres de habilidades sociais ou excursións completan o programa deseñado para estes menores.

    Redacción Salnés