A Pobra mellora a calidade de vida dos seus maiores co Programa de Envellecemento Activo

A POBRA> O Centro Sociocomunitario da Pobra volve poñen en marcha o programa de envellecemento activo. Tralo éxito das anteriores edicións repetirán as actividades centradas na estimulación cognitiva e a musicoterapia. As sesión comezarán en abril e xa se pode realizar a matrícula.

O concello da Pobra segue a promover o envellecemento activo da súa poboación. En colaboración co centro sociocomunitario volven programar unha serie de actividades dirixidas a mellorar a calidade de vida e retrasar o deterioro físico e cognitivo dos seus maiores.

O programa dividirase en dous semestres, co parón do verán por medio. Ofertaranse actividades de envellecemento activo e musicoterapia, todas elas en horario de tarde e nas instalacións do centro sociocomunitario.

As actividades son de balde e a matrícula xa se pode formalizar no centro sociocomunitario da Pobra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí