![]()
CALDAS> Estas eran as palabras do alcalde despois de declarar onte no xulgado da localidade sobre o caso do edificio número 57 da rúa Real.
{flowplayer}images/salnes/CONTENCIOSO_ALCALDE_CALDAS.flv{/flowplayer}
O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, ven de recoñecer, en relación á orde de derribo que recae sobre o edificio número 57 da rúa Real, que houbo un período de tempo no que non se informou ó xulgado sobre a situación na que se atopaba a tramitación de demolición.
Pero o certo é que o rexedor local foi sancionado con varias multas de 600 y 1.200 euros, a última fai pouco máis dun mes, precisamente por non informar mensualmente desta situación.
Rey fixo estas aclaracións despois de declarar onte no xulgado de Caldas en calidade de imputado por un delito de desobediencia grave á autoridade.
Ó tempo Juan Manuel Rey informou que o concello xa ten plantexado un incidente de execución de sentenza para aclarar que partes do inmoble abrangue a orde derribo.
Rey engadiu que ten que minimizalos efectos da sentenza para evitar posibles indemnizacións para o promotor. Despois da declaración realizada onte no xulgado de primeira instancia e instrución número 1 de Caldas Reis, agora terá que se o xulgado o que decida se é constitutivo dun delito.
O alcalde lembrou que o edificio situado en pleno camiño de Santiago está vinculado a elementos a conservar patrimonialmente.
Redacción Salnés







