Cambados presenta en Santiago a campaña da zamburiña

    SANTIAGO> Luis Aragunde e Benito González desprazáronse ata Compostela para promocionar este producto, nun ano excelente pola calidade e cantidade

    {flowplayer}images/salnes/ZamburinaSantiago_291112.flv{/flowplayer} 

    O Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, acolleu a presentación da campaña da zamburiña 2012-2013. Un ano no que este molusco se está a dar moi ben. A campaña de captura arracou o 5 de novembro e dende aquela lévanse recollidas máis de 41 de toneladas, un incremento do 25% con respecto o mesmo período en 2011.

    Por iso, confraría e concello, únense para promocionar este producto e fanno na capital galega.  Comezaron por Santiago, e tanto Luis Aragunde como Benito González apostan por seguir promocionando a zamburiña noutras prazas galegas importantes.

    Dende a Praza de Abastos de Santiago alaban a cantidade e a calidade de producto que está a chegar ó mercado compostelán. A zamburiña desembarca directamente, sen intermediarios, e iso favorece que o prezo sexa asequible.

    O molusco rolda arestora o 1,50 euros por quilo, no que é a zamburiña pequena, e ata 5,20 a grande. Dende Cambados recomendan a todos que este Nadal non falten nas mesas.

    Redacción Salnés