VILAGARCÍA> Esta mañá entregouse en Vilagarcía o premio da Campaña do Día do Pai, impulsada por Zona Aberta. O afortunado foi Darío Blanco, que recibiu un premio de 500 euros en vales de compra.
A campaña deste ano de Zona Aberta foi bautizada como ‘De tal Pepe, tal Pepa’, coa que o colectivo Zona Aberta tamén quere reivinca-la necesidade de que os pais tamén asuman o coidado das crianzas.
A iniciativa serviu para dinamiza-las vendas nos comercios asociados, ao tempo que buscaba fideliza-las compras nesta campaña. Dende Zona Aberta fan un balance positivo.