Cen parellas danse cita no VI Trofeo de Baile Concello de Meis

     MEIS> A proba era valedeira tanto para o ranking nacional como para o Internacional, polo carácter ‘open’ da competición

    {flowplayer}images/salnes/CampionatoBaileMeis_220413.flv{/flowplayer}

    Entre o centenar de parellas reunidas no VI Trofeo de Baile Concello de Meis, moitas delas do Salnés, atopamos tamén unha vintena de competidores portugueses, que aportaron gran nivel ó torneo.

    O pavillón municipal congregou coma sempre a numeroso público para ver as actuacións dos bailaríns nas diferentes categorías. Concursantes de tan só 5 anos de idade e outros que chegaban ata os 70.

    Como é habitual a competición desenvolveuse en dúas partes: os bailes Standard, aqueles máis clásicos como vals ou tango e os bailes latinos, samba, pasodobre ou chachachá. Nesta categoría a victoria foi a parar a mans dos portugueses Diogo e Liliana.

    O triunfo na categoría de bailes standard foi para o noso improvisado reporteiro Manuel Trillo e a súa parella, a rusa Anastasia Zhitova. Partían como favoritos e non erraron, non en van son actualmente a cuarta parella no ranking nacional.

    Redacción Salnés