![]()
VILAGARCÍA> Jorge Baliña formou parte da candidatura de Javier Puertas á presidencia do PP local. Agora, únese ó proxecto de IVIL.
{flowplayer}images/salnes/jorge_balina_ivil.flv{/flowplayer}
Independentes por Vilagarcía ten confirmada xa a presencia na súa candidatura de persoeiros coñecidos na cidade, como Cholo Dorgambide, Loli Crespo, e Diego Torrado. A última incorporación é a de Jorge Baliña, quen fora asesor da ONU en materia de seguridade durante 15 anos. Baliña aposta por Rivera Mallo e espera que a cidadanía recoñeza nestes comicios o traballo que leva realizando nas últimas lexislaturas.
Baliña saíu á palestra política coincidindo co proceso congresual do PP vilagarcián, dando nun principio o seu apoio a Javier Puertas. Pero xa antes do congreso rompeu esa ligazón e agora, incorporándose á lista de IVIL, manifesta publicamente a ruptura co Partido Popular.
Outro que tamén apoiara a Puertas no congreso popular foi Jesús Pérez Arca, actual edil do PP e deputado no Congreso. Segundo puido saber Canal Rías Baixas, a pesar dese apoio o candidato popular Tomás Fole, confirmoulle que o incluirá na súa lista. Unha candidatura que probablemente o PP dea a coñecer xa na primeira semana de abril, e na que tamén podería ir un riverista. O alcaldable popular non quixo facer comentarios ó respecto pero indicou que nos vindeiros días dará a coñecer xa os 12 primeiros postos.
Redacción Salnés








