Inaugúrase o Campo da Festa de San Roque do Monte

    VILANOVA> A vindeira edición da carreira de burras de San Miguel de Deiro en Vilanova celebrarase sobre un novo pavimento que dará aínda máis…

    {flowplayer}images/salnes/conselleiro_vilanova.flv{/flowplayer}

    … vistosidade a esta competición se cabe. Onte a noite inaugurábanse as obras de remodelación do Campo da Festa de San Roque do Monte, onde ano tras ano se desenrola este singular evento. O remate desta actuación que supuxo un investimento da Xunta de 175.000 euros, estivo presidido polo Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, xunto con outras autoridades a nivel provincial e local.

    Tras un breve acto litúrxico, o vicepresidente provincial e edil de cultura vilanovés, José Juán Durán, explicou os pormenores desta obra, que virán a mellorar a sona destas festas aínda máis, se cabe. Trala correspondente descuberta da placa conmemorativa estes vilanoveses puideron desfrutar tamén dunha festa infantil e dunha verbena a cargo da orquestra Passarela.

    E para completar a festa, o Conselleiro anunciou unha inminente actuación do seu departamento na estrada xeral o seu paso por esta parroquia: a finais deste ano ou principio do que ven a San Miguel de Deiro contará con beirarrúsa na estrada po 539, que une Cambados con Vilagarcía; grazas a unha achega autonómica de 400.000 euros.

    Redacción Salnés