Cambados acollerá un curso de verán sobre os oficios do viño

    curso_vino_cambados100.jpgCAMBADOS> Como cada ano, en Cambados faise o Curso de Verán sobre o viño, que este ano se dedica ós oficios do viño.

    {flowplayer}images/salnes/curso_vino_cambados.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Como cada ano, en Cambados faise o Curso de Verán sobre o viño, que este ano se dedica ós oficios do viño. UNED, Concello e a Rede Museística cambadesa, unen esforzos para celebrar este curso de gran éxito de participación.

    Dende o vindeiro mañá e ata o 30 deste mes permanecerá aberto o prazo de inscricións. Logo de oito anos celebrando o curso e acadando un gran éxito de participación, lista de espera incluída, os organizadores insisten en que as admisións serán seleccionadas por rigoroso orde de chegada.

    Os días 6, 7 e 8 de xullo terá lugar o curso no Museo do Viño. O 70% das materias serán teóricas con poñentes expertos, intelectuais que darán charlas, artesáns e profesores universitarios. Os alumnos acadarán créditos de libre designación. Amais da parte teórica os alumnos e alumnas farán unha visita a un taller artesán dun augardenteiro e tamén a unha adega.

    Redacción Salnés