Costas autoriza a actuación da París de Noia na praia

    VILAGARCÍA> Finalmente a París de Noia si estará na praia de Compostela o vindeiro día 20, co gallo da Festa da Ameixa. Costas remitiu a autorización pertinente despois de que no día de onte o concello remitise o último informe que faltaba. Iso si, a organización da celebración carrilexa deberá cumprir unha serie de condicións para levala a cabo. A Festa da Ameixa sí terá concerto na praia o vindeiro 20 de agosto. Así se desprende dunha nota de prensa que enviou o concello aos medios de comunicación. Na mesma afirmase que Costas permite a realización da festa na praia despois de que o concello remitise onte o informe que lle faltaba, no que figuraba a tonelaxe dos camións participantes no evento. Iso si, para levar a cabo a celebración a organización deberá ter en conta unha serie de obrigas tales como; abonar unha fianza de 3.000 euros para sufragar os inconvenientes que se poidan derivar de esta acción, cubrir con pranchas de aluminio a superficie pola que deberán pasar os camións, xa que accederan a praia uns 4 tráilers de entre 35 e 40 toneladas. A actuación deberá axustarse perfectamente a documentada pola Confraría e a Asociación de Parquistas. Sinala o escrito que calquera alteración grave ao dominio público marítimo terrestre, será de exclusiva responsabilidade da organización da festa.