O PP Vilagarcián presenta os 7º e 8º posto da súa lista electoral

    VILAGARCIA> O Partido Popular de Vilagarcía presentou hoxe a dous novos integrantes da súa lista electoral ca que concorrerá os vindeiros comicios de…

    {flowplayer}images/salnes/pp_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … maio. Antonio Carballo e Suso Longa, no sétimo e oitavo posto,respectivamente, aportarán a súa experiencia ó contacto directo ca cidadanía do centro urbán e das parroquias.

    No caso de que o PP gañase as vindeiras eleccións en Vilagarcía, Suso Longa encargaríase das áreas de limpeza, augas, saneamento, canalizacións, cemiterios, parques e xardíns; namentres o ex-integrante de IVIL centraría os seus esforzos na dinamización do rural. Respecto á polémica xerada trala non inclusión nos postos de saída desta lista de Jaime Ramos e Jesús Pérez Arca, os dous anteriores edís que nos comicios internos do PP Vilagarcián apostaron pola candidatura do outro concorrente, Javier Puertas; Fole asegura que o PP recuperou a unidade nunha xuntanza exprofeso tras esas eleccións internas, co que hoxe por hoxe, conta cun equipo forte e cohesionado.

    Esta pingueira de anuncios de integrantes desta listaxe concluirá o vindeiro sábado 2 de abril, cando presentarán no Auditorio Vilagarcián á candidatura ó completo.

    Redacción Salnés