Larga vida ao Revenidas de Vilaxoán na que será a súa XV edición

VILAGARCÍA> Como cada agosto, e xa van 15 anos o Revenidas regresa a Vilaxoán. Os vindeiros 17, 18 e 19 de este mes, teñen unha cita con este peculiar festival que ofrece actividades para todas as idades e tanto de pago como gratuítas.
Como cada verán dende hai 15 anos o Revenidas volve a Vilaxoán acompañado da súa protagonista; a sardiña. Máis de 40 bandas participaran nestes tres días de festival que encheran as rúas de Vilaxoán de xente.
O festival no que ademais contarase coa Coral de Vilaxoán, celebrarase no porto mariñeiro da localidade os vindeiros 17, 18 e 19 de agosto.
Nesta edición serán Soziedad Alkoholika, El Drogas, Zoo, Russkaja, The Real McKenzies, Ayax y Prok ou Dakidarría, entre outros os que fagan cantar e saltar aos asistentes a festa de Vilaxoán.
Poden adquirir as entradas na web do festival revenidas.com a un prezo de 35 euros o abono para os tres días ou de 20 a entrada para unha sola xornada. Na presentación, moi animada grazas a Coral de Vilaxoán, estiveron presentes numerosas personalidades políticas que arrouparon o que ano tras ano se vai consolidando como un evento dos máis importantes de Vilaxoán.